Doazóns

Falar de solidaridade no eido sanitario é sinónimo de "doazóns", xa sexan de sangue ou de órganos. Así, tratemos estes dous fundamentais temas, pescudando comprender mellor o seu funcionamento.

 A doazón de sangue


A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar o seu problema de saúde, ou mesmo, salvar a vida. Cunhas básicas pautas podemos comprobar a sinxeleza dun proceso fundamental para que moitas vidas non corran perigo.

Os homes poden doar un máximo de 4 veces ó ano e as mulleres 3; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.
Por outra banda, non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas.
Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade entre 18 e 65 anos inclusive.

Lembre, a doazón de sangue é un acto RESPONSABLE.

É vital, para a seguridade transfusional, que o doador aporte toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado vai destinado a axudar a recuperación dos doentes.

CAUSAS QUE IMPIDEN DOAR SANGUE DE FORMA PERMANENTE:
1. ¿Foi excluído de forma permanente nalgunha outra ocasión?
2. ¿Padeceu, padece ou é portador crónico de enfermidades transmisibles polo sangue, tales como: hepatite B, Hepatite C, Hepatite de causa descoñecida, SIDA, sífilis non tratada, lepra, Enfermidade de Chagas,....?
3. ¿Ten historial familiar de Enfermidade de Creutzfeld-Jakob, recibiu implante de córnea, ou de outro tecido, duramáter humana ou bovina, tratamento con extractos de pituitaria ou procedemento neurocirúrxico intracraneal?
4. ¿Residiu durante un período acumulado de máis dun ano no Reino Unido entre os anos 1980 e 1996 inclusive?
5. ¿Consumiu algunha vez drogas por vía intravenosa ou drogas doutro tipo?
6. ¿Padeceu ou padece enfermidades graves ou crónicas de corazón, riles, cancro, diabete insulinodependente, asma grave, epilepsia, alcoholismo crónico, convulsións,...?
7. ¿ Realizou prácticas de risco de SIDA ? , tales como:
a. ¿Tivo relacións sexuais non seguras?
b. ¿Tivo relacións sexuais con múltiples persoas?
c. ¿Tivo relacións sexuais con portadores do VIH (SIDA)?
d. ¿Tivo relacións sexuais con persoas consumidoras de drogas?
e. ¿Tivo relacións sexuais a cambio de drogas ou de diñeiro?
Si é afirmativa a resposta a algunha das anteriores preguntas,
vostede NON pode doar sangue de forma DEFINITIVA.

CAUSAS QUE IMPIDEN DOAR SANGUE DE FORMA TEMPORAL

1. ¿Foi excluído recentemente de forma temporal?
2. ¿Recibiu algunha transfusión de sangue nos últimos 12 meses?
3. ¿Realizou un exame endoscópico, implantación de catéteres ou perforación da pel e mucosas nos últimos 12 meses?
4. ¿Fíxose algunha tatuaxe, acupuntura ou piercing sen control médico nos últimos 12 meses?
5. ¿Estivo exposto ó sangue ou a instrumentos contaminados nos últimos 12 meses?
6. ¿Tivo contacto directo con persoas que padezan ou sexan portadores crónicos de hepatite B, hepatite C ou VIH nos últimos 12 meses?
7. ¿Practicáronlle unha intervención cirúrxica nos últimos 6 meses?
8. ¿Estivo a tratamento odontolóxico nos últimos 7 días?
9. ¿Tivo febre inexplicable ou enfermidades do tipo da gripe nas últimas 2 semanas? ¿Tivo catarro común na última semana?
10. ¿Padeceu tuberculose activa, brucelose, toxoplasmose ou febre reumática tratada e curada nos últimos 2 anos? ¿Ou Mononucleose infecciosa tratada e curada nos últimos 6 meses?
11. ¿Padece alerxias? ¿Deulle alerxia algún medicamento no último ano?
12. ¿Padece hipertensión descompensada ou anemia ferropénica?
13. ¿Toma habitualmente algunha medicación ou vacina que impida a doazón de sangue?
14. ¿Residiu nos últimos 5 anos en países con paludismo tropical ou viaxou a países con paludismo tropical nos últimos 6 meses?
15. ¿Estivo embarazada ou sufriu un aborto nos últimos seis meses?
16. ¿Vai realizar algunha actividade perigosa nas próximas 12 horas?
17. ¿Está en xanxún? ¿Realizou unha comida pesada nas últimas dúas horas?


Si é afirmativa a resposta a algunha das anteriores preguntas,
vostede NON pode doar sangue de forma TEMPORAL.


QUE É A AFÉRESE

Trátase dunha forma alternativa de doazón de sangue. No proceso recóllese un pequeno volume de sangue, separase nos seus componentes mediante centrífugación, colleitando un ou  máis dos seus componentes e devolvendo ó doador o resto dos seus compoñentes .Os compoñentes sanguíneos soen transfundirse por separado, segundo o tipo de enfermidade do doente. A aférese permite dispor de cada compoñente sanguíneo sen ter que someter a doazón ao proceso de fraccionamento dos seus compoñentes.

Na doazón mediante aférese o volume e tipo de compoñente extraído establecese en función das características do doador. Este sempre é inferior ó 13 por cento do volume total do sangue do doador.
Ao doar só un compoñente do sangue e manterse estable a cifra de glóbulos vermellos, si estos non se doan, a frecuencia da doazón mediante aférese poder ser maior que na doazón convencional.

Os  elementos  obtidos nunha AFÉRESE  proveñen dun só  doador e, deste xeito. acadase unha  maior  CALIDADE  trasfusional.
Os tipos de aférese existente serán entón: Plaquetoaférese, plasmaférese, plaquetoplasmaférese, citaférese.
Coma no caso das doazóns normais, para ser doador de aférese hai que cumprir certos requisitos que nos permitan facelo con seguridade, para nós e para o receptor da doazón.

Anexamos aqui o vídeo da Campaña 2010 do Centro de Transfusións de Galiza.


Agora é o turno de coñecer algúns aspectos da doazón de órganos, centrándonos na situación galega desta práctica

¿QUE TRANSPLANTES SE ADOITAN REALIZAR NOS HOSPITAIS GALEGOS?

Transplantes de órganos:

En Galiza, hai programas de transplante de órganos na Coruña (C. H. Universitario Juan Canalejo) e en Santiago de Compostela (C. H. Universitario de Santiago).
En ambos os hospitais realízase o transplante de órganos abdominais (ril, fígado e páncreas), mentres que o transplante de órganos torácicos (corazón e pulmón) se realiza só no hospital Juan Canalejo.
Transplantes de tecidos:

En canto a transplantes de tecidos, realízanse de sangue e medula ósea, córneas, ósos, vasos sanguíneos e válvulas cardíacas fundamentalmente, nos diferentes hospitais do Servizo Galego de Saúde, en función da súa actividade, e centros privados.

¿COMO SE REALIZA O TRANSPLANTE DE ÓRGANOS E TECIDOS?

No transplante cardíaco, pulmonar ou hepático extráeselle previamente ao paciente que vai recibir o órgano o seu órgano enfermo e substitúese inmediatamente polo órgano que se lle transplanta.
No transplante de ril e páncreas non se adoita extraer o órgano que non funciona. O órgano san que se transplanta implántase na cavidade abdominal a carón do órgano orixinario.
No transplante de tecidos, o tecido que se vai transplantar implántase despois de extraer o tecido lesionado; por exemplo, o transplante de córnea, óso, válvulas cardíacas, etc. realízase sempre na mesma operación. Ou ben, ao igual que no transplante de órganos, o tecido que se vai transplantar pode que non requira da extracción previa; por exemplo, o transplante de medula ósea (tamén chamado transplante de proxenitores hematopoéticos), o transplante de vasos sanguíneos (arterias e veas), o transplante de illotes pancreáticos, etc.

¿CALES SON OS RESULTADOS DOS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS?

Aos 10 anos de realizado un transplante de corazón, fígado ou ril, sete de cada dez transplantados teñen o órgano transplantado funcionando correctamente. Son persoas que realizan a actividade usual propia de calquera outro cidadán san da súa mesma idade. Son estritamente normais, realizan unha actividade normal e pode ser que se diferencien nas ganas de vivir, porque non esquecen o mal que o pasaron con risco sobre a súa propia vida antes de recibir o transplante.

Podedes acceder a moita máis información accedendo http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=90278