martes, 25 de octubre de 2011

Xa chegou o frío!

Perante a recente (e agardada) chegada das choivas, as temperaturas tamén nos comezan a dar indicios da inminente chegada da tempada invernal, e con ela, tocará falar da gripe. Hai xa un mes, o SERGAS votou a andar a campaña de vación deste ano 2011, daquela, adicaremos esta entrada a comentar a orixe, síntomas, contaxio e actuación fronte esta enfermidade tan común no conxunto da poboación.

Convocatoria EIR 2011

Queda aprobada a convocatoria EIR 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en enfermaría.

Na presente convocatoria inclúense prazas de 6 especialidades de enfermaría.

Distribución das prazas segundo especialidade:
-Enfermaría Obstetrico-Xinecolóxica (Matrona): 458
-Enfermaría de Saúde Mental: 198
-Enfermaría do traballo: 15
-Enfermaría Pediátrica: 98
-Enfermaría Familiar e Comunitaria: 219
-Enfermaría Xeriátrica: 14

Oferta de prazas na Galicia:

-Saúde mental: 6 prazas
-Familiar e Comunitaria: 4 prazas
-Obstétrico-Xinecolóxica: 19 prazas

O exame realizarase en Santiago de Compostela

sábado, 22 de octubre de 2011

A importancia da verdadeira comunicación

Todas e todos debemos ser conscientes da importancia que ten en todos os eidos da nosa vida o intercambio de información. No caso da Enfermaría, o estudo das Ciencias Psicosociais pode proporcionarnos os alicerces básicos do futuro éxito comunicativo co paciente, o que ha repercutir de maneira moi positiva na recuperación do mesmo, ou ben será fundamental para que o proceso da enfermidade se faga, cando menos, moito máis levadeiro. Aqui vos deixamos a historia de Helen e Anne Sullivan, é probábel que moitos xa a coñezades, mais, para os que non, aqui vos queda un claro exemplo da importancia da comunicación.

viernes, 21 de octubre de 2011

Especialidade (EIR) en Saúde Mental

O Boletín Oficial do Estado publicou Orde SPI/1356/2011, de 11 de maio, pola que se aproba
e publica o programa formativo da especialidade de Enfermaría de Saúde Mental.

Para poder acceder a esta especialidade será necesario estar en posesión do título de Diplomado ou Graduado en Enfermería, a duración do periodo formativo será de dous años a tempo completo co que os futuros especialistas adquirirán as competencias establecidas no programa, na súa respectiva unidade docente multiprofesional acreditada para a formación de especialistas en enfermería de saúde mental.

EIDO DE ACTUACIÓN

A Orde establece que abarca tanto a atención hospitalaria, en rexime de hospitalización total ou parcial, como a atención á comunidade a través dos centros de saúde mental especializados, centros de atención primaria, domicilios, institucións sociais (escolas, residencias...) e/ou centros destinados a realizar actividades rehabilitadoras relacionadas coa saúde mental.

Especialidade (EIR) en Enfermaría Pediátrica



É claro o convencimento de que os problemas de saúde e as necesidades de coidados que se presentan durante a infancia e a adolescencia, son moi diferentes aos requeridos na idade adulta. En base a esta conclusión e despois de varios reais decretos quedou regulada a especialidade de enfermaría pediátrica.


Isto réxese a través do vixente Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, que inscríbese no marco do previsto na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de Ordenación das profesións sanitarias.



Programa oficial da Especialidade de Enfermaría Pediátrica:


Enfermaría Pediátrica
Duración: Dous anos
Titulación previa (obrigatoria): Diplomado/Graduado U. en Enfermaría.

jueves, 20 de octubre de 2011

As nosas dúbidas

Se cadra, o feito de sermos profesionais sanitarios supón unha necesidade constante de actualizarnos e ser bos coñecedores da sociedade que nos rodea, para poder exercer con profesionalidade a nosa labor. Deste xeito, animámosvos a que este blog tamén sexa ferramenta de intercambio e contraste de experiencias persoais e opinións.
Falemos de futuro, de emprego, de cambios, da convivencia cos compañeiros, de formación, de investigación enfermeira...
Falemos do que nos preocupa.

martes, 18 de octubre de 2011

O primeiro saúdo

Benvidas e benvidos! Somos dous estudantes de Enfermaría na USC, Jorge e Ainara. Este blog é un novo proxecto que nós utilizaremos para achegar tanto ao estudantado coma aos profesionais sanitarios numerosa información de actualidade técnica e ético-legal. Ademais de ser unha plataforma válida para o intercambio de información, experiencias, consellos... Animámosvos a ser parte activa deste espazo!
Grazas!