jueves, 10 de noviembre de 2011

Terapias Alternativas. O alimento, cura.

É lóxico, nos tempos en que vivimos, buscar métodos alternativos para obter un bo grao de saúde, podendo evitar consumir fármacos en exceso. Como todas e todos sabemos, é evidente a necesidade de que as persoas nos coñezamos cada vez mellor a nós e ao entorno natural que nos rodea. Malia que o dominio das multinacionais farmacéuticas provoque que a investigación científica destas terapias sexa ínfima, (resultan máis "rentábeis" as primeiras).


Pode que ao falar de terapias alternativas pensemos en prácticas coma a acupuntura, naturopatía ou fototerapia, mais moito máis cotián a calquera de nós resulta a comida.

Desta maneira, falaremos agora sobre a importancia da propia alimentación na saúde xeral do noso organismo. A maioría dos alimentos teñen propiedades que moitas veces descoñecemos, asi, semella ter certa razón aquilo de "hai que comer de todo" Aqui vos ensinamos varios exemplos. Grazas novamente por seguirnos!

Aceite de oliva, é un elemento básico da dieta mediterránea. Exerce efectos positivos sobre a dixestión e non conteñen colesterol. Ademais, varios estudos clínicos demostraron os seus beneficios con respecto aos pacientes hipertensos e aqueles afectados por cancro de colon.

Cervexa, o seu consumo moderado ten efectos beneficiosos nas enfermidades cardiovasculares, derivado fundamentalmente dos polifenois, un composto que resulta "altamente saludabel". Os seus resultados positivos prodúcense cuando la ingesta no supera el medio litro diario.

Amorodos, polo seu grande contido en sodio, o seu consumo é esencial para o crecimento, axuda a previr o golpe de calor e colabora coa función de nervios e músculos.

Queixo, contén unha alta porcentaxe de calcio, sodio e vitamina A e D, motivo polo cal protexe os ósos e os dentes, axuda á coagulación do sangue e protexe o estómago dos ácidos, ademais de manter a resistencia a infecciones respiratorias.

Mazá, é a froita máis rica en fructosa e conten moita pectina, que actúa como regulador do tránsito intestinal. Tamén aporta certa cantidade de ferro, potasio e Vitamina C.

Mel, desde a antigüidade atribuíronselle diversas cualidades medicinais: poder inmunolóxico, aumentando a capacidade de resistencia do organismo fronte ás infeccións; poder antibacteriano, antipirético e antiinflamatorio; analxésico e sedante.

Pataca, é un dos alimentos máis representativos do grupo dos tubérculos, posúe Vitamina C e minerais como o potasio, magnesio, calcio, cobre, selenio e zinc. Grazas ao seu aporte de vitaminas, axuda ao corpo a absorber o calcio e a formar o coláxeno.

Soia, reduce o risco de sufrir cancro mamario até nun 50%, segundo os últimos estudos realizados no Centro de Investigación para el Cancro de Hawai. Nembargantes, os científicos afirmaron que este beneficio da soia só se obten se o consumo é habitual e abundante desde a xuventude.

Tomate, debido ao licopeno que contén, preven o cancro de pulmón, mesmo nos fumadores, segundo un estudo realizado por investigadores americanos. Ademais, posúe selenio, un mineral antioxidante que frea o envellecimiento e relentiza algunhas infecciones da pel.

Uva, elevado contido en glícidos e en potasio, açínda que é pobre en ferro e Vitamina C. Debido a isto, regula a agua do corpo e axuda á función muscular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario