sábado, 22 de octubre de 2011

A importancia da verdadeira comunicación

Todas e todos debemos ser conscientes da importancia que ten en todos os eidos da nosa vida o intercambio de información. No caso da Enfermaría, o estudo das Ciencias Psicosociais pode proporcionarnos os alicerces básicos do futuro éxito comunicativo co paciente, o que ha repercutir de maneira moi positiva na recuperación do mesmo, ou ben será fundamental para que o proceso da enfermidade se faga, cando menos, moito máis levadeiro. Aqui vos deixamos a historia de Helen e Anne Sullivan, é probábel que moitos xa a coñezades, mais, para os que non, aqui vos queda un claro exemplo da importancia da comunicación.



A historia de Hellen Keller e Anne Sullivan

Helen Keller quedou xorda e cega a causa dunha enfermidade cando tiñaa 19 meses de idade. Chegou a desenrolarse culturalmente e ser unha escritora e conferenciante pública mundialmente famosa. Helen non se desanimaba fácilmente. Pronto comezou a descubrir o mundo usando os seus outros sentidos. Tocaba e ulía todas as cosas que estaban arredor dela e sentía as mans doutras persoas para «ver» o que estaban s facer e imitaba os seus movimentos. Aos sete anos, inventou 60 signos diferentes que lle servían para comunicarse coa súa familia. Ao non poder expresarse nen entender, a súa frustración aumentou coa idade e a sua raiba ía a peor. Converteuse nunha persona salvaxe, fedella  e moi agresiva. Esta situación fixo que se vise claramente a necesidade de actuar. Xustamente, antes de cumprir sete anos, a familia contratou a unha titora privada.
Anne Sullivan viña dun ambiente moi pobre. Perdera a visión cando tiña cinco anos e foi abandonada nunha casa de escasos recursos. Tivo a sorte de ter atopado un lugar onde foi ben acollida, o Colegio Perkins para Cegos en Boston. Despois de varios anos,  logo de dúas operacións con éxito recuperou a sua visión. Graduouse obtendo o título de honra. Para o director da escola estaba claro que Anne Sullivan era a persona axeitada para educar a Hellen Keller.
O primeiro paso de Anne foi comunicarse con ela vencendo a sua agresividade con forza e paciencia. O seguinte paso foi ensinarlle o alfabeto manual. Anne púñaa en contacto cos  obxectos e deletreaballe na man as palabras. Así comenzou a animarse e cada cousa que atopaba,  collíaa e preguntaballe a Anne cómo se chamaba. Así foi preparando á súa alumna con novas palabras e ideas que necesitaría para ensinala a falar. Como resultado de todo este traballo, Hellen chegou a ser máis civilizada e amable, e pronto aprendeu a ler e escribir en Braille. Tamén aprendeu a ler dos labios das personas tocándolles cos dedos e sentindo o movimento e as vibracións.
Anne axudouna en varias institucións traballando con outros materiais e textos, lecciones e actuando como a súa intérprete. Ela interpretaba nas manos de Hellen o que os profesores dicían na clase, e transcribía nos libros utilizando o sistema Braille.
Hellen graduouse co título de honra da Radcliffe College en 1904. Tiña un poder de concentración extraordinario, moi buena memoria e moi bos recursos personais para mellorar. Mentres estaba naquela escola escribiu “A historia da miña vida». Este libro tivo un rápido éxito e grazas a el gañou suficiente diñeiro para comprarse su propia casa.
A cegueira era, a miúdo, causada por unha enfermidade que tamén era a causa de que moitos viviran en pobreza. Hellen colaborou na creación da Fundación Americana para os Cigos co obxectivo de ofrecer servicios a outras persoas cegas. Chegou a ser famosa, convidada por moitos países e recibiu títulos de Honra de diferentes universidades extranxeiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario