viernes, 21 de octubre de 2011

Especialidade (EIR) en Saúde Mental

O Boletín Oficial do Estado publicou Orde SPI/1356/2011, de 11 de maio, pola que se aproba
e publica o programa formativo da especialidade de Enfermaría de Saúde Mental.

Para poder acceder a esta especialidade será necesario estar en posesión do título de Diplomado ou Graduado en Enfermería, a duración do periodo formativo será de dous años a tempo completo co que os futuros especialistas adquirirán as competencias establecidas no programa, na súa respectiva unidade docente multiprofesional acreditada para a formación de especialistas en enfermería de saúde mental.

EIDO DE ACTUACIÓN

A Orde establece que abarca tanto a atención hospitalaria, en rexime de hospitalización total ou parcial, como a atención á comunidade a través dos centros de saúde mental especializados, centros de atención primaria, domicilios, institucións sociais (escolas, residencias...) e/ou centros destinados a realizar actividades rehabilitadoras relacionadas coa saúde mental.
Esta actuación especializada, desenrolase tanto nos centros do Sistema Nacional de Saúde como en centros privados debidamente autorizados
A enfermeira residente (ER) de enfermería de saúde mental contará coa figura do tutor, que deberá ser especialista do mesmo campo. Utilizaranse técnicas de aprendizaxe, tanto presenciais como semi-presenciais, cunha metodoloxía docente que confira prioridade ao aprendizaxe autónomo tutorizado e á utilización de métodos creativos de aprendizaxe, que aseguren a ponderación e a coordinación coa formación clínica, a través dun aprendizaxe experiencial e reflexivo baseado na práctica asistencial, na evidencia científica contrastada tanto a nivel conceptual como a nivel empírico e nos principios de interdisciplinariedade e multidisciplinariedade dos equipos profesionais na atención sanitaria.
A Orde ministerial establece que o traballo da enfermeira especialista de saúde mental conxúgase entre dous eidos do coñecemento: o  científico das ciencias da saude e o eido humanista das ciencias sociais. Así, ao finalizar o seu periodo de formación, a enfermeira especialista en saúd emental terá que ser competente para desenrolar a súa función nos eidos asistencial, docente, de xestión e de investigación. Vexamos e comentemos agora algunhas delas:

Entre as competencias asistenciais:

- Utilizar a relación terapéutica como instrumento básico de comunicación e relación no marco dos coidados de enfermaría de saúde mental e dos principios éticos.
- Formular xuizos profesionais a partir da integración de coñecementos, o analise de la información e o pensamento crítico.
-Valorar, diagnosticar, planificar, executar e evaluar coidados de enfermaría de saúde mental dirixidos a persoas, familias e grupos, dacuerdo co concepto de atención integral, no marco da promoción, a prevención, o tratamento e a rehabilitación da saúde mental, ao longo do ciclo vital, tendo en conta tamén os criterios de calidade e seguridade do paciente.
- Participar na elaboración do plano integral de atención á saúde mental das persoas, familias e grupos, aportando á equipa de saúde mental plans de coidados específicos.
-Coordinar e favorecer a continuidad entre os diferentes niveis asistenciais, mediante a elaboración do informe de continuidade de coidados de enfermaría.
-Elaborar, aplicar e evaluar guías clínicas de coidados de enfermaría de saúde mental baseadas nas evidencias científicas e participar na creación de guías clínicas de saúde mental con outros profesionais.
-Manexar e indicar o uso de fármacos e outros produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría no eido da saúde mental, dacuerdo coa lexislación vixente.
-Programar e desenrolar plans de coidados de enfermaría de saúde mental no eido comunitario, utilizando a visita domiciliaria como instrumento de intervención terapéutica.
-Coordinar os coidados de enfermeaía que se ofertan calquiera que sexa o dispositivo e nivel de atención á  saúde mental no que se atope, supervisando as intervenciones doutros profesionais e o axuste das mesmas á  planificación de coidados especializados de saúde mental establecidos para cada paciente e/ou situación.
-Actuar como xestora de casos e os problemas de saúde mental que requieren continuidade de coidados (por ejemplo en trastornos mentales graves), manexando la estrategia que haya sido consensuada por el equipo de salud mental.
-Asesorar, en calidade de experta, a profesionais de enfermaría, outros profesionais da saúde así como a persoas e/ou grupos.
Entre as competencias docentes están: Educar en materia de saúde mental a persoas, familias, grupos e comunidades; e formar en materia de saúde mental aos futuros profesionais ye especialistas de enfermaría, así como colaborar na formación doutros profesionais.
As competencias investigadoras son xenerar coñecemento científico no ámbito da saúde, impulsar liñas de investigación e divulgar a evidencia; e liderar e/ou participar como membro del equipo investigador en proyectos de investigación multidisciplinares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario