martes, 3 de enero de 2012

Aumento das enfermidades no Inverno


Nestas datas do ano, entre o frío e as festas do Nadal, cómpre facer referencia tanto aos excesos que cometemos nas celebracións de peche do ano coma ás baixas temperaturas típicas da tempada que, malia que até o de agora non resultaron excesivas, temos que ter en conta, sendo previsores, que, o Inverno aínda acaba de comezar! Así, chamounos á atención este estudo que atopamos hai uns días nunha coñecida web de saúde. Agardamos compartades este interese connosco! Aqui vos deixamos o que crimos máis destacabel do mesmo.

A prevalencia de enfermidades cardiovasculares aumenta máis dun 20 por cento en inverno debido ás baixas temperaturas, e até un 10 por cento as coronarias, segundo alerta a Fundación Española do Corazón (FEC)... quen recorda que os seus efectos poden perxudicar máis ás persoas de idade avanzada ou en aqueles que sufren de diabete, hipertensión alguna outra enfermidade cardiovascular.

jueves, 10 de noviembre de 2011

Terapias Alternativas. O alimento, cura.

É lóxico, nos tempos en que vivimos, buscar métodos alternativos para obter un bo grao de saúde, podendo evitar consumir fármacos en exceso. Como todas e todos sabemos, é evidente a necesidade de que as persoas nos coñezamos cada vez mellor a nós e ao entorno natural que nos rodea. Malia que o dominio das multinacionais farmacéuticas provoque que a investigación científica destas terapias sexa ínfima, (resultan máis "rentábeis" as primeiras).


Pode que ao falar de terapias alternativas pensemos en prácticas coma a acupuntura, naturopatía ou fototerapia, mais moito máis cotián a calquera de nós resulta a comida.

martes, 25 de octubre de 2011

Xa chegou o frío!

Perante a recente (e agardada) chegada das choivas, as temperaturas tamén nos comezan a dar indicios da inminente chegada da tempada invernal, e con ela, tocará falar da gripe. Hai xa un mes, o SERGAS votou a andar a campaña de vación deste ano 2011, daquela, adicaremos esta entrada a comentar a orixe, síntomas, contaxio e actuación fronte esta enfermidade tan común no conxunto da poboación.

Convocatoria EIR 2011

Queda aprobada a convocatoria EIR 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en enfermaría.

Na presente convocatoria inclúense prazas de 6 especialidades de enfermaría.

Distribución das prazas segundo especialidade:
-Enfermaría Obstetrico-Xinecolóxica (Matrona): 458
-Enfermaría de Saúde Mental: 198
-Enfermaría do traballo: 15
-Enfermaría Pediátrica: 98
-Enfermaría Familiar e Comunitaria: 219
-Enfermaría Xeriátrica: 14

Oferta de prazas na Galicia:

-Saúde mental: 6 prazas
-Familiar e Comunitaria: 4 prazas
-Obstétrico-Xinecolóxica: 19 prazas

O exame realizarase en Santiago de Compostela

sábado, 22 de octubre de 2011

A importancia da verdadeira comunicación

Todas e todos debemos ser conscientes da importancia que ten en todos os eidos da nosa vida o intercambio de información. No caso da Enfermaría, o estudo das Ciencias Psicosociais pode proporcionarnos os alicerces básicos do futuro éxito comunicativo co paciente, o que ha repercutir de maneira moi positiva na recuperación do mesmo, ou ben será fundamental para que o proceso da enfermidade se faga, cando menos, moito máis levadeiro. Aqui vos deixamos a historia de Helen e Anne Sullivan, é probábel que moitos xa a coñezades, mais, para os que non, aqui vos queda un claro exemplo da importancia da comunicación.