martes, 25 de octubre de 2011

Xa chegou o frío!

Perante a recente (e agardada) chegada das choivas, as temperaturas tamén nos comezan a dar indicios da inminente chegada da tempada invernal, e con ela, tocará falar da gripe. Hai xa un mes, o SERGAS votou a andar a campaña de vación deste ano 2011, daquela, adicaremos esta entrada a comentar a orixe, síntomas, contaxio e actuación fronte esta enfermidade tan común no conxunto da poboación.

Que é a gripe?

A gripe é unha enfermidade vírica, leve na maioría dos casos, adoito aparece febre, (arredor de 38º), tose, dor de garganta, dor de cabeza, dor muscular, malestar xeral, conxestión nasal, esbirros e, tamén, vómitos e diarrea.

Como se contaxia e como actuarei se creo padecela?

O contaxio prodúcese persoa a persoa, principalmente polo aire, a través das gotas de saliva e secrecións nasais que se expulsan ao tusir, falar ou esbirrar. Por outra banda, o virus pódese transmitir tamén indirectamente ao tocar algo que estea contaminado co virus da gripe e ao levar as mans aos ollos, o nariz ou a boca.
A maior parte das gripes son leves. Se non ten factores de risco nin/ou signos de gravidade, quede na casa ata que remitan os síntomas ou consulte por teléfono (902 400 116). Se ten factores de risco acuda ao seu médico.
A gripe podería ser grave para algunhas persoas que presenten "factores de risco" (Embarazo, enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión),  enfermidades respiratorias crónicas, diabete, insuficiencia renal, asplenia...) 
Que podemos facer entón para previr o noso contaxio?
* Lavar as mans con frecuencia. Esta é a principal medida de hixiene. As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir uns minutos, por iso é importante este xesto.
* Tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar.

* Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca xa que son posibles vías de contaxio.
* Utilice panos desbotables. Se non os ten a man, pode tusir ou esbirrar contra a parte interna do cóbado.
Estes sinxelos consellos poden ser de moita importancia á hora de previrmos o contaxio da gripe. Ademais podemos levar a cabo medidas para evitar a sua propagación no0 fogar, coma por exemplo: manter a persoa nun cuarto separado das zonas comúns da casa, ventilar axeitadamente o fogar,  cando sosteña un neno/a pequeno, poña a súa barbela nos seus ombros para evitar que lle tusa na cara, tirar os panos desbotables, lavar a roupa en contacto co enfermo, recoméndase a limpeza en húmido para evitar levantar pó...
Quen ten que vacinarse?
A poboación diana serían:
* Maiores de 60 anos.
* Persoal sanitario.
* Persoas ingresadas en residencias e centros de atención.
* Embarazadas
* Nenos e adolescentes con tratamento prolongado de aspirina
* Outros sectores coma policías e bombeiros e mesmo persoas que poidan ser trasmisoras da gripe a grupos de alto risco.
As datas de vacinación manteranse todo mes de Outubro até o 19 de Novembro.
Se queredes máis información podedes entrar na web do SERGAS, onde se explica moi detalladamente todo o proceso e mesmo numerosos estudos sobre o tema.
Unha aperta.
Até outra blogueiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario