martes, 3 de enero de 2012

Aumento das enfermidades no Inverno


Nestas datas do ano, entre o frío e as festas do Nadal, cómpre facer referencia tanto aos excesos que cometemos nas celebracións de peche do ano coma ás baixas temperaturas típicas da tempada que, malia que até o de agora non resultaron excesivas, temos que ter en conta, sendo previsores, que, o Inverno aínda acaba de comezar! Así, chamounos á atención este estudo que atopamos hai uns días nunha coñecida web de saúde. Agardamos compartades este interese connosco! Aqui vos deixamos o que crimos máis destacabel do mesmo.

A prevalencia de enfermidades cardiovasculares aumenta máis dun 20 por cento en inverno debido ás baixas temperaturas, e até un 10 por cento as coronarias, segundo alerta a Fundación Española do Corazón (FEC)... quen recorda que os seus efectos poden perxudicar máis ás persoas de idade avanzada ou en aqueles que sufren de diabete, hipertensión alguna outra enfermidade cardiovascular.

 
Segundo un estudo realizado por investigadores do London School of Hygiene & Tropical Medicine (LSHTM), en Reino Unido, publicado na revista “British Medical Journal”, a redución dun grao centígrado nas temperaturas está directamente relacionado cun aumento do 2 por cento no risco de ataque ao corazón.
Mentras que, a presidenta da sección de Cardioloxía Preventiva e Rehabilitación da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC) e cardióloga do Hospital Universitario A Paz, de Madrid, a doutora Almudena Castro, advirte de que tamén nestas datas, as enfermidades coronarias tenden a aumentar nun 10 por cento pola mesma causa.

Así, aconsella a aqueles que padecen algún tipo de cardiopatía que tomen as precaucións posíbeis durante esta época. Aconsella vacinarse da gripe e do neumococo cando teñen indicación, tomar a medicación correctamente, abrigarse ben e non excederse nen co hábito tabáquico nen coa comida nas datas do Nadal.
Desde a federación, ademais, quérese lanzar unha mensaxe de prevención a todas aquelas persoas que sexan máis vulnerabeis as baixadas das temperaturas, recomendándolles que sigan as indicacións das autoridades e sexan precavidos á hora de saír á rúa se hai temperaturas moi baixas.

Xa que, lembran, os eventos cardiovasculares durante os días de inverno non só é consecuencia directa do descenso da temperatura, senón que se debe, especialmente, ás infeccións do tracto respiratorio, cuxa prevalencia aumenta nestes días, cuns efectos moi asociados ao agravamento da insuficiencia cardíaca, eventos isquémicos, ou outras enfermidades do corazón. O estudo, do que se fai eco a FEC, analizou aos 8.010 pacientes ingresados por ataque ao corazón durante 2003 e 2006, e relacionaronse os eventos cardiacos coa variabilidade de temperaturas diarias rexistradas en Inglaterra e Gales.

Logo de ter axustado factores coma a contaminación do aire, a actividade gripal, a estacionalidade e as tendencias a longo prazo, o estudo desvelou que a redución dun grao centígrado na Tª media diaria estaba asociada a un incremento acumulado do 2 % no risco de ataque ao corazón durante un periodo de 28 días de media. Así, detectaronse 200 infartos máis que en épocas con temperaturas máis elevadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario