É claro o convencimento de que os problemas de saúde e as necesidades de coidados que se presentan durante a infancia e a adolescencia, son moi diferentes aos requeridos na idade adulta. En base a esta conclusión e despois de varios reais decretos quedou regulada a especialidade de enfermaría pediátrica.
Isto réxese a través do vixente Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, que inscríbese no marco do previsto na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de Ordenación das profesións sanitarias.
Programa oficial da Especialidade de Enfermaría Pediátrica:
Enfermaría Pediátrica
Duración: Dous anos
Titulación previa (obrigatoria): Diplomado/Graduado U. en Enfermaría.
De que vai isto da enfermaría Pediátrica?
É a/o profesional capacitado para proporcionar coidados de enfermaría especializados de forma autónoma, durante a infancia e a adolescencia, en todos os niveis de atención, incluíndo a promoción da saúde, a prevención da enfermidade e a asistencia ó recén nacido, neno ou adolescente san ou enfermo e a súa rehabilitación, dentro dun equipo multiprofesional e en colaboración coas enfermeiras especialistas doutras áreas.
As competencias que conforman o perfil da enfermeira especialista en Enfermaría Pediátrica ten o seu inicio nas competencias traballadas ó longo da formación de Grao, sendo no ámbito da especialidade onde a enfermeira interna residente (EIR) adquirirá o seu máximo desenvolvemento e especificidade.
Ó rematar o programa de formación , a especialista en Enfermaría Pediátrica debe ser competente e estar capacitada para:
-Realizar educación para a saúde ó neno, adolescente, familia e comunidade, indentificando as necesidades da aprendizaxe, deseñando, planificando e levando a cabo intervencións para promover, fomentar e manter estilos de vida saudables, previr riscos e lograr o maior nivel de autocoidado posible ou de coidado ós outros.
-Valorar de forma integral e contextualizada ó recén nacido, neno, adolescente e familia detectando calquera anomalía e posibles déficits nas súas necesidades, elaborando xuízos clínicos profesionais, planificando as intervencións e resolvendo de forma autónoma os problemas identificados e/ou derivando ós outros profesionais.
-Detectar e actuar en situacións de sospeita de abuso sexual ou maltrato infantil seguindo os protocolos de actuación establecidos para asegurar o benestar do recén nacido, neno ou adolescentes.
-Valorar e prestar coidados integrais ó neno e adolescente cun proceso cirúrxico para axudar no óptimo restablecemento da saúde e identificar, intervir e/ou derivar ante as posibles complicacións.
-Aplicar a prescripción enfermeira vinculada ós coidados de enfermaría pediátrica, avaliando os beneficios agardados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
-Valorar ó neno e adolescente cun proceso crónico, e/ou con discapacidade, á súa familia e ó seu entorno social, identificando o seu grao de dependencia, os coidados que require, os recursos e apoios sociais dispoñibles, así coma os servizos de saúde precisos para cubrir as súas necesidades.
-Xestionar coidados de enfermaría ó neno cun proceso oncolóxico, de forma autónoma, que permitan unha axeitada adaptación, vivencia e afrontamento da enfermidade, do longo proceso evolutivo da mesma, a terapia intensiva e específica que require, os seus efectos secundarios e a repercusión psico-emocional e social que supón para o neno, adolescente e a súa familia.
-Valorar as necesidades que presenta o neno con enfermidade mental e a súa familia, planificar e realizar as intervencións axeitadas ás distintas situacións, de forma autónoma ou con outros profesionais tanto en atención primaria coma na hospitalización.
-Realizar e/ou colaborar nos procedementos de cirurxía menor máis habituais no ámbito pediátrico e os coidados relacionados de xeito efectivo e seguro.
-Atención integral nas unidades de Urxencias, Coidados intensivos neonatais (UCIN) e Coidados intensivos pediátricos (UCIP).
-Planificar os coidados á alta hospitalaria cos pais/titores do recén nacido e de forma conxunta co neno, adolestente e a súa familia. Elaborar o informe de continuidade dos coidados e garantir unha asistencia profesional axeitada no domicilio.
-Basear a súa práctica clínica na mellor evidencia dispoñible para contribuir a unha mellora continuada na calidade dos coidados prestados na área da especialidade.
Metodoloxía Docente:
Observación do realizado pola/o Titora/Titor ou o equipo de enfermaría con posterior reflexión a través do diario/caderno do/a residente.
Intervención supervisada directamente e unha vez adquirida a competencia a xuizo do titor, realización autónoma da actividade con supervisión indirecta.
Seminarios, talleres, titorias, estudo e traballo individual ou en grupo coma modalidades organizativas.
Desenvolvemento da ensinanza-aprendizaxe a través do estudo de casos reais ou simulados, baseado en problemas (ABP), como métodos que enfronte a residente ás situacións nas que teñen que empregar estratexias de busca de información, aplicar novos coñecementos na resolución de problemas, tomar decisións e traballar de maneira autónoma, reflexiva e crítica.
Sesións prácticas e de simulación.
Sesións de enfermaría onde a residente presentará un caso ó titor/a e ó equipo de enfermaría para a súa análise e discusión.
Formación clínica da/o EIR:
A formación clínica da EIR desenvolverase tanto en Atención Primaria coma en Atención especializada, seguindo a seguinte distribución nas rotacións:
-Atención Primaria: 7 meses
-Urxencias Pediátricas: 2 meses
-Unidades de Pediatría (Lactantes, Preescolares, Escolares, Cirurxía infantil, Oncoloxía, Saúde mental, Hospital de día e consultas especializadas): 5 meses
-Unidade de Neonatal: 2 meses
-Coidados Intensivos Neonatais (UCIN): 3 meses*
-Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP): 3 meses*
*Nestas unidades non poderemos traballar até o segundo ano formativo.
Información extraída do BOE Nº 157 do Martes 19 de xuño de 2010. Sec. III Páx. 57251
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario